Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

eGo GaleGo

12/06/2009 GMT 2

Texto elaborado polos colectivos relacionados co ensino

egogalego @ 23:16

linguassuman1.jpg

linguassuman2.jpg

As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa a é sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP,PSOE, BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo co Parlamenteo Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta ''en galego'' ou ''todo en galego''. Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego -o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que tódas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

CIG - CCOO - CSI.CSIF - FETE.UGT - STEG - CAE - ASPG - Nova Escola Galega - Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia - Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra - Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística - A Mesa pola Normalización Lingüística

PD: Graciñas, Ana!

11/06/2009 GMT 2

Grazas! (1)

egogalego @ 21:20

Aparentemente, isto non ten moita relación cos temas a tratar. Pero, se nos paramos a pensar, sen tod@s vós, o blogue non existiría.

Estamos a piques de rematar a ESO, de rematar 4º, o curso que, xunto a 1º, máis cousas positivas me aportou dende que estou no centro.

Algúns/has non nos volveremos a ver, outr@s tomaremos camiños completamente distintos e outr@s separarémonos despois de 13 anos, e ante esta situación (e sobre todo, ante a presión popular xD) véxome obrigada a escribir isto:

daab-4e2vh7tf8mqxq40.jpg

Grazas...

A Andrea, por esas clases de francés (iremos a Cuntis, non o dubides)

A Bibi, por aportar a cordura necesaria nos momentos xustos.

A Casal, por esas clases de historia, e, sobre todo, por eses 13 anos...GALÁN!

A Mónica, porque sen ti, as clases de plástica non serían o mesmo.

A Ana, por superar a odisea vivida co vídeo de ética con relativo éxito.

A Fátima, porque si, as clases de francés dan para moito.

A Lore, coma sempre, por esa PACIENCIA que tes...

A Ana María, por ser tan boíña con tod@s.

A Ghradín, polas imitacións, polas clases de inglés, polas risas que botamos, polas briscas, polos bocadillos de pelo e por ser a única persoa capaz de ter 6 folios enriba da mesa nun exame. En definitiva, grazas.

A María, pola tranquilidade que transmites sempre.

A Lidia, por tódalas inesquecibles xornadas coas inecuacións, coa trigonometría, cos radicais, logaritmos e demais.

A Fanny, por estes anos, e polas noitazas de hotel en Roma, especialmente a última.

A Fabián por ser un dos mellores compañeiros que tiven ao longo destes anos.

A Carol, por aportar a frescura necesaria ao grupo.

A Marcos, porque como compañeiro de pupitre non tes prezo.

A Manuel R, por aportarnos risas, risas e máis risas.

A María José, polas tardes filosóficas co traballo de galego.

A Jose Carlos, porque sen ti, as clases de historia non serían o que son.

A Abrahán, polos bos momentos vividos durante estes dous anos (temos pendente un partido de tenis, eh!)

A Mara, tamén, polas clases de francés. Ao final non o pasamos tan mal...

A David, por esas GRANDIOSAS clases de actividades.

A Marga, por tantas cousas...Moitas grazas.

A Clara, por todos estes anos de risas e risas, polas clases de taller :) e por todo o que queda por vir...grazas, ídola!

A Pana, porque ti si que es o puto amo.

A Marcus, por non perder nunca o sorriso.

E por último, a Rita, pola túa xenerosidade, e, sobre todo, por aguantarme/nos. Que paciencia a túa. Grazas

dscf1089.JPG

Por suposto, grazas ao clube de lectura, Normalización Lingüística e ao grupo de Igualdade.

Tamén, grazas ao profesorado, xa que foi unha parte fundamental do noso curso. O que non nos mata...

A algúns/has non @s volveremos a ver, a outr@s verémol@s nos exames de Setembro :( , e outr@s, acompañarannos na nosa aventura no bacharelato.

Moitas grazas...

A Puri, unha persoa fantástica. Moita sorte!

A Pedro, o ídolo da clase.

E aínda que terá a súa entrada no blogue a próxima semana, non podía faltar Ana; resumindo, eres grande, MOI grande. Mil grazas.

Tod@s aportáchedes ese pedaciño fundamental para facer deste un curso tan máxico.

Ata sempre!

10/06/2009 GMT 2

Como atrapar o ulido dunha rosa

egogalego @ 18:41

rosa.jpg

Para ulir o cheiro dunha rosa, primeiro hai que buscar unha roseira. Unha vez atopada a roseira, hai que seleccionar unha rosa. Debe ser unha rosa de bo aspecto, que teña unha boa cor e que non sexa portadora de insectos dentro, nin ningún tipo de telarañas nin cousas noxentas. Tamén entra en xogo a intuición, xa que ás veces vale de moito.

Pode haber unha rosa con moi bo aspecto e que ao ulila cheire moi mal. Unha vez seleccionada, achegamos o nariz e inspiramos con forza. Nese momento, sentiremos se a nosa rosa estivo ben escollida e se foi así, non nos olvidaremos desa rosa nunca na vida.

07/06/2009 GMT 2

Correlingua A Estrada 2009

egogalego @ 01:25

O Correlingua é unha proposta de carácter educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego.

O noso instituto tamén estivo alí:

p1020361.JPG

p1020366.JPG

p1020394.JPG

p1020392.JPG

p1020378.JPG

p1020387.JPG

05/06/2009 GMT 2

Adicámoslle este mural...

egogalego @ 23:35

Hoxe, no auditorio da nosa vila, representouse a obra de teatro 'Comedia bífida'. É unha representación na que os mortos son xulgados pola súa actitude en vida a favor ou en contra do uso da lingua.

Foi correcta e recomendable, pero quedámonos coa obra representada o ano pasado no noso instituto, verdade Abrahán?

Aquí temos algunhas fotos da obra de hoxe:

dscf0974.JPGdscf0987.JPGdscf0989.JPG
dscf0995.JPGdscf1000.JPG

3

egogalego @ 09:45

galego.jpg

02/06/2009 GMT 2

Científicos galegos no exterior fan público un manifesto en defensa da lingua

egogalego @ 18:10

O forte debate sobre a normalización lingüística que se está a dar no noso país nos últimos meses trascende as nosas fronteiras. Un grupo de nove científicos galegos vinculados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear acaba de dar un importante paso adiante en defensa da lingua do país.

O manifesto íntegro:

Unha achega ao debate sobre o galego desde o CERN

Somos un conxunto de físicos e enxeñeiros galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, a día de hoxe uns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo. Desde a distancia, levamos meses asistindo ao debate que se está a xerar sobre a posición que debe ocupar a lingua galega no noso sistema educativo. Esta cuestión está a provocar unha confrontación continua de posturas e opinións que se estende a distintos ámbitos da nosa sociedade. Se ben consideramos este debate lexítimo tamén coidamos que as posturas deben ser mantidas e defendidas desde a máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas. E vémonos na obriga de intervir cando determinados argumentos que non seguen esta máxima aparecen por parte de persoas cunha opinión que non se restrinxe ao ámbito privado.

En declaracións ao “Faro de Vigo”, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (Congapa), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”. Ben, for desde a ignorancia, for intencionadamente, declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e desde logo se algunha lle discutíu no pasado tal condición esa non foi o castelán.

O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa.

Presentación

egogalego @ 14:54

Somos unhas compañeiras do IES Aquis Celenis. Decidimos crear este blog para informar sobre a situación e o emprego da lingua galega na actualidade.

Levamos a cabo diversos movementos para intentar concienciar á xente do noso entorno da importancia da lingua galega.

O primeiro movemento foi levado a cabo a través de Manifestos, colocados en diversos lugares do noso pobo, instituto e arredores, como se pode ver nas imaxes.

dscf0942.JPG

dscf0924.JPG

O segundo movemento foi unha representación metafórica na que o elemento que fai referencia á lingua foi a poesia 'Irmaus' de Celso Emilio Ferreiro.

cimg0007.JPG

cimg0009.JPG

O terceiro e último, foi a entrega de chapas co lema ego galego. Foi unha maneira diferente de facerlle ver ás persoas a importancia que ten a nosa lingua.

crim0002.JPG

copia-de-dscf0949.JPG

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis