Así nacen as baleas
Lembro só a mamá facendo aquela dolorosa depuración da memoria, rompendo o delicado encaixe no que se tecen os recordos.
Era como se borrase as liñas trazadas no mapa dun territorio demasiado perigoso como para esquecer o camiño de regreso á cordura. Con todo, e seino ben, as fotos que ela máis lembraría serían precisamente as que destruíra. E as palabras que máis a torturarían e que intentaría escorrentar cun involuntario aceno da man, como se escorrentase mosquitos, serían precisamente aquelas que pretendía que nunca foran nin ditas nin escritas. Non lembro o que fixen despois nin por que. Cadroume estar alí nese preciso momento para ver e gravar na mente aquela imaxe de mamá mentres se rompía a si mesma.
Ou mentres intentaba recompoñerse.
Anxos Sumai

Chúzao
del.icio.us



que quede claro que pasei por aquí e que o texto me gusta pero se hai algo que pillar eu non o pillo...
marga | 21-10-2009 - 18:20:06 GMT 2 #
Que va! Lin o libro, e ainda que non me gustou nada, esa parte chamoume a atencion, por iso a puxen.
A ver se nalgunha das proximas actualizacions poño o poema nuclear, que ultimamente estamos todas moi nostalxicas... :)
egogalego | 22-10-2009 - 01:10:44 GMT 2 #