Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

eGo GaleGo

28/10/2009 GMT 1

No desterro

egogalego @ 23:07

¿Quen no seu corazón non leva un arpa
que saiba das cancións
escoitadas do berce entre os arrolos
e na reixa do Amor?

¿Quen non garda a memoria, triste ou leda,
dun alqo que xa foi?

¿Quen, orfo, sen fogar, abandonado
dos homes e de Dios,
non atopa consolo na lembranza
dun tempo que pasou?

¿Quen non lle fixo cova no seu peito
a unha morta ilusión?

Eu non sei, eu non sei que nos espera
este mundo ó deixar,
nin sei o que está diante, o que ha traernos
o escuro máis alá;
mais para ter, cen anos que morrendo
vivira neste chan,
febres no corpo, brétemas na alma
e loitos que chorar,
para ter as feridas sempre abertas,
¡chega de abondo o que ficou detrás!

Ramón Cabanillas

Comentarios

Comentarios(4) »

  1. outra vez? queremos o poemaaaaa!!!!

    por certo este tamén me gustou moito

    marga | 29-10-2009 - 15:45:34 GMT 1 #

  2. oh! que fermosura...non o lin enteiro xD
    Marta como to curras! segue asi!!
    bicos

    andrea* | 30-10-2009 - 23:24:37 GMT 1 #

  3. para cando a actualización?

    marga | 23-11-2009 - 20:37:52 GMT 1 #

  4. OLA? HAI ALGUÉN POR AQUÍ?
    onde andan as bombas ou as ondas do mar de Vigo?
    Dáme igual cal sexa (porque son todos bos)pero actualiza porfa...

    marga | 11-12-2009 - 18:18:52 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis